PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turkish Airlines pasará de tres a sete frecuencias semanais na conexión Santiago - Estambul

fai 11 anos

Turkish Airlines ampliará a sete frecuencias semanais a súa conexión entre Lavacolla e o seu hub de Estambul a finais de outubro, segundo lle confirmaron ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, e á concelleira de Turismo, Reyes Leis, os responsables da compañía turca na Jata, a feira turística máis importante de Xapón.

Reunión con responsables de Turkish Airlines

A conexión diaria será cun avión de 180 prazas, un aumento significativo respecto do modelo de 132 prazas pensado orixinalmente para cubrir a ruta. Finalmente, para mellorar a conectividade co mercado asiático, o tempo da escala en Estambul dos voos procedentes de Tokio cara Santiago reducirase das seis horas actuais a dúas.

Turkish Airlines comezou a operar en Santiago o 21 de maio con tres frecuencias semanais, martes, venres e domingo. Dende Turismo de Santiago colabórase intensamente coa compañía turca seguindo o convenio asinado entre ambas entidades o pasado mes de xaneiro en Fitur. Grazas a este convenio, que non inclúe ningún tipo de aportación económica, desenvolvéronse diversas actividades de promoción da conexión, como a presenza de Turismo de Santiago por primeira vez na EMITT, a feira de turismo máis importante de Turquía, unha presentación conxunta da conexión en Fitur ou a organización de dous concursos con viaxes a Estambul e Santiago como premio.

O alcalde de Santiago fixo ademáis no marco da Jata unha presentación da cidade aos principais touroperadores e axentes de viaxes xaponeses nun evento organizado pola OET de Tokio, responsable da promoción turística de España en Xapón e Corea do Sur, co obxectivo de amosar os destinos do país con maior interese para os turistas xaponeses.

Na presentación destacáronse os principais atractivos que a cidade pode ofrecer aos potenciais turistas xaponeses: ser o destino dunha ruta de peregrinación milenaria cunha forte espiritualidade, ser unha cidade Patrimonio da Humanidade cunha gran oferta cultural, contar cunha gastronomía atlántica con algúns dos mellores peixes e mariscos do mundo, e ser a capital dunha rexión cunha gran natureza. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar