Paradores encherá de emoción a praza do Obradoiro o martes 17 de setembro
fai 11 anos
A cadea de hoteis e restaurantes con encanto, preguntará a composteláns e visitantes que significa para eles Paradores.
O martes, 17 de setembro, terá lugar na emblemática praza do Obradoiro, fronte ao Parador de Santiago, unha acción de street marketing organizada por Paradores. A acción desenvolverase desde as dez da mañá ata as dúas da tarde e poderán participar nela todos aqueles que se acheguen ata ese lugar.
A cadea hotelera quere saber de primeira man que significa para eles Paradores, que experiencias lles uniron. Para iso pedirá aos participantes que resuman, nunha ou dúas palabras, esas experiencias ou o que representa para eles Paradores.
A través de post-it estas experiencias pegaranse en murales que representan os muros de Paradores, transmitindo ao público asistente que cada Parador está formado polas vivencias dos seus clientes. Con todas estas vivencias ou experiencias construiranse uns murales que formarán "o mapa de experiencias".
Sortearanse entre todos os participantes unha caixa de experiencias "Pausa con dúas noites" nun dos seus paradores. As "pausas" son a mellor forma de coñecer e gozar calquera dos establecementos de Paradores, existen 4 modalidades: "PAUSA Unha Cea para Saborear", "PAUSA Unha Noite para Soñar", "PAUSA Unha Noite para Deleitarse" e "PAUSA Dúas Noites para Evadirse".
Co eslogan "Para ti, Paradores" a empresa ten como obxectivo mostrar novas facetas da marca, que existe un Parador e unha forma de vivilo para cada persoa, en coherencia cunha imaxe máis moderna e fresca que permita á organización alcanzar novos públicos.
Paradores conta con 85 anos de historia e na actualidade está formada por 94 establecementos e a Hostería do Estudante. Moitos Paradores áchanse situados en reservas naturais e en edificios históricos, como castelos, pazos, conventos e mosteiros.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)