PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago aposta por atraer producións audiovisuais de Xapón e Corea do Sur

fai 11 anos

O alcalde de Santiago, Ángel Currás, reuníuse hoxe coa responsable da Oficina Española de Turismo en Tokio, Beatriz Marco, quen se encarga da promoción de España en Xapón e Corea do Sur, un mercado no que o Camiño de Santiago está consolidándose con forza. 

O Camiño de Santiago ten unha gran penetración en Corea do Sur. Pese a distancia e as diferencias culturais, Corea do Sur tense convertido nos últimos anos no país co crecemento máis espectacular nas cifras de peregrinos, sendo o exemplo máis claro de que hoxe en día o Camiño de Santiago non é só un fenómeno europeo, senón mundial. No ano 2004 o número de peregrinos coreanos foi de apenas 18. No 2012 a cifra elevouse ata 2.904, situándose como o décimo país con máis peregrinos, por riba doutros países con maior tradición peregrina, como Bélxica ou Brasil.

O alcalde trasladoulle á responsable da Oficina Española de Turismo (OET) que un modo de promoción que interesa especialmente a Santiago é a que se fai a través do audiovisual, de aí que a Santiago de Compostela Film Commission pon a disposición dos produtores xaponeses e coreanos todas as facilidades para que poidan grabar en Compostela programas de televisión, documentais ou mesmo películas, aproveitando o interese crecente que hai en ambos países cara o Camiño de Santiago.

Ademais da aposta polo audiovisual como modo de consolidar o posicionamento de Santiago en Xapón e Corea do Sur, o alcalde tamén lle amosou á responsable da OET que Santiago conta cunha serie de atractivos, como a cultura, o patrimonio, a espiritualidade, a gastronomía, ou a natureza, que se adaptan ás demandas de turistas xaponeses e coreanos. Así, Turismo de Santiago e a OET traballarán conxuntamente para integrar a cidade en cada vez máis dos paquetes turísticos que deseñan as axencias de viaxes do mercado nipón que traballan no mercado español.

Posteriormente, o alcalde reuniuse co embaixador de España en Xapón, Miguel Ángel Navarro, con quen tratou de como se poderían potenciar as relacións comerciais entre as emprensas de Santiago e o mercado xaponés a través do desenvolvemento de estratexias comerciais para introducir produción local no país. Así mesmo falaron das actividades conmemorativas do Ano Dual España Xapón 2013-2014, que conmemora que España foi o primeiro país occidental en recibir unha misión diplomática xaponesa, en 1613.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeLa Salle