PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Feijóo afonda nas relacións culturais con Xapón a través dos camiños de Santiago e Kumano

fai 11 anos

O presidente da Xunta afondou con representantes de Xapón nas relacións bilaterais entre ese país e Galicia e destacou as relacións culturais existentes entre ambos arredor dos seus camiños de espiritualidade: o Camiño de Santiago, que culmina en Galicia, e o Camiño Kumano, en Wakayama. 

No encontro, no que participou unha representación do Parlamento do Xapón e o embaixador deste país en España, Satoru Satoh, abordouse a participación da Xunta en relación ao Ano Dual España-Xapón.

Esta mesma semana celébrase a feira de turismo de Tokio (Jata), na que a Xunta está presente no stand de Turespaña. Ademais, durante varios sábados de outubro, novembro e decembro proxectarase no Instituto Cervantes de Tokío un ciclo de cine rodado en Galicia. Para novembro estanse organizando distintos actos de promoción e o vindeiro ano presentarase o destino Galicia ante turoperadores especializados nas catro principais cidades de Xapón e celebraranse eventos de promoción dos produtos galegos e dous congresos en Wakayama e Tanabe sobre os Camiño de Santiago e o Camiño Kumano.

Visita do Príncipe Naruhito

Os representantes de Xapón tamén agradeceron o recibimento e o afecto recibidos con motivo da visita da S.A.I. o Príncipe Naruhito o pasado mes de xuño a Santiago, durante a cal tivo a oportunidade de percorrer un treito do Camiño, visitar o mirador de peregrinos do Monte do Gozo e asistir na catedral ao funcionamento do botafumeiro. Os parlamentarios xaponeses incidiron no gran impacto que a visita tivo no país nipón, onde as imaxes do Camiño tiveron unha especial difusión.

Así mesmo, transmitíronlle ao presidente da Xunta a súa solidariedade co pobo galego e coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois. E, nesta mesma liña, a delegación xaponesa recoñeceu expresamente o esforzo e o exemplo da sociedade galega durante o tráxico suceso. Pola súa banda, o xefe do Goberno autonómico felicitou ao país nipón pola próxima organización, por parte de Tokío, dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos do ano 2020.  

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeOral Group