PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Santiago promociónase na Estación Central de Tokio pola que pasan cada día un millón de persoas

fai 11 anos

A Estación Central de Tokio, pola que diariamente pasan un millón de persoas e na que se atopa o Centro de Información Turística, acolleu hoxe unha presentación de Santiago e Tanabe, dentro da estratexia de promoción conxunta de ambas cidades. 

Compostela e Tababe teñen como nexo de unión que son as cidades de destino das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.

A presentación contou coa presenza do alcalde de Santiago, Ángel Currás, do responsable da promoción turística do Concello de Tanabe, Masanori Ogawa, e do responsable de Turkish Airlines, Halil Günay. O obxectivo compartido tanto por Santiago e Tanabe como por Turkish Airlines, é aumentar o fluxo de turistas entre ambos países a través do hub de Estambul, co cal Santiago ten unha nova conexión directa.

A presentación incluíu unha degustación gastronómica, aberta aos interesados que pasen pola Estación Central, de produtos típicos de Galicia e da prefectura de Wakayama, onde se atopa a cidade de Tanabe. No caso de Santiago, foron conservas aportadas por Conservas Cuca, e viño, neste caso Señoría da Regas, de Bodegas Castrobrey, que actualmente xa se comercializa no país.

O alcalde tamén mantivo unha xuntanza con directivos de Mikami Travel, unha das axencias de viaxes que máis turistas xaponeses empregan para contratar as súas viaxes a España. No ano 2012 foron máis de 10.000 os xaponeses que coñeceron España a través dos seus paquetes turísticos. O obxectivo da reunión é que Santiago adquira cada vez un maior peso nas súas ofertas para o turismo xaponés, posicionando á cidade no mercado xaponés como un destino cultural, gastronómico e de natureza.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar