PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Os peregrinos serán desviados pola rúa do Medio durante as obras na rúa de San Pedro

fai 10 anos

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, asegurou que as obras da rúa de San Pedro estarán rematadas "en prazo", co obxectivo de que a zona estea lista para a campaña comercial de Nadal.

Tamén anunciou que os peregrinos serán desviados provisionalmente pola rúa do Medio.Pardo quixo transmitirlles tranquilidade sobre o remate da obra a veciños e comerciantes, aos que tamén lles lembrou que "o retraso valorado dun mes, que non retraso real, se debeu á mala execución das obras feitas anteriormente na rúa".

Neste sentido, lembrou que rúa xa sufrira obras nos anos 1993, 1999 e 2003. A edil referiuse ás "deficiencias" das obras executadas en 1999, facendo un relatorio pormenorizado das mesmas, especialmente as canalizacións que non estaban documentadas e irregularidades nas obras como o recubrimento directo con formigón de canalizacións de servizos, algo que, dixo, non está permitido.

Así, concluíu que as catas que se deberon facer xeraron un "mes valorado de retraso". En calquera caso, asegurou, tomáronse as decisións oportunas para que esa demora non se traduza nun retraso real.Con este obxectivo, aos oito operarios, unha máquina e ata dous camións que viñan traballando ata agora, sumaranse tres operarios máis e outra máquina retroxiratoria. O número de operarios incrementarase ademais no momento de colocación das lousas. O horario de traballo mantense de 8 da mañá a 8 da tarde.

Desvío de peregrinos

Xa por motivos fundamentalmente de seguridade, anunciou que, malia que se seguirá permitindo o paso a peóns polas beirarrúas opostas a aquelas nas que se realice a obra en cada momento, optouse por desviar provisionalmente aos peregrinos –que cheguen tanto a pé como en bicicleta ou cabalo- pola rúa do Medio. Os viandantes e residentes si poderán seguir transitando pola rúa de San Pedro.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante O Dezaseis