PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O alcalde de Santiago coñece en Tokio o interese que desperta o Camiño no país

fai 11 anos

O director do Instituto Cervantes de Tokio, Antonio Gil Carrasco, confirmoulle ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, o interese crecente que o público nipón ten polo Camiño de Santiago. 

Segundo lle transmitiu, o Camiño de Santiago é o segundo tema que máis cuestións xenera no Instituto Cervantes respecto a España, só superado pola obra de Gaudí. Estes datos confirman que o mercado nipón é unha oportunidade para Santiago, logo de que no 2012 se conseguisen as mellores cifras de pernoctacións na cidade, cun crecemento do 20 % respecto do 2011, segundo os datos do INE.

O alcalde compostelán puido coñecer de primeira man a sede do Instituto Cervantes en Tokio, un referente para todos os xaponeses interesados na cultura española. Currás e o director do Instituto falaron sobre diferentes posibilidades para a promoción de Santiago e do Camiño no país nipón. A intención é que no próximo ano se poida desenvolver unha exposición sobre Santiago na sede do Instituto Cervantes, con actividades culturais paralelas, tanto musicais como gastronómicas.

Currás comprometeuse a facerlle chegar ao Instituto Cervantes as diferentes publicacións do Consorcio de Santiago, para que os usuarios do Instituto poidan mellorar o seu coñecemento sobre a cidade. Tamén salientou as posibilidades que abre o feito de que Turkish Airlines, quen está apostando dun modo moi importante por aumentar o fluxo de turistas entre Xapón e Santiago, sexa un dos patrocinadores do Instituto Cervantes en Tokio.

A reunión co director do Instituto Cervantes é a primeira actividade do Alcalde na súa viaxe a Xapón, onde se quere reforzar a promoción da cidade logo dos bos datos que se conseguiron o ano pasado. Neste esforzo enmárcase unha presentación que terá lugar no Centro de Información Turística de Tokio, que acollerá durante o día 11 de setembro unha presentación conxunta entre Turismo de Santiago e Turismo de Tanabe, na que durante todo o día exporanse materiais audiovisuais de ambos destinos e os seus camiños de peregrinación, ambos recoñecidos como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo

Os obxectivos por parte de Turismo de Santiago con esta presentación son dous: por unha banda, amosar ao público final os atractivos da cidade e do Camiño de Santiago, posicionándose xunto coa ruta de peregrinación do Kumano Kodo, integrado na natureza e cunha forte compoñente espiritual; por outra banda, amosar a mellora das conexións entre Xapón e Santiago grazas á nova conexión de Turkish Airlines entre Lavacolla e o hub de Estambul.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCasa Pepe