PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

A canle de televisión de Oprah Winfrey grava un documental sobre o Camiño

fai 10 anos

A produtora de Nova York, Part 2 Productions, estivo estes días en Santiago gravando parte dun documental sobre o Camiño de Santiago que se emitirá na canle de televisión de Oprah Winfrey, OWN. 

A produtora leva gravando no Camiño dende o 27 de agosto

Oprah Winfrey, propietaria dun importante grupo mediático con presencia en televisión, radio, prensa e Internet, é a muller máis influínte de EE. UU. e foi a única persoa incluída en todas as edicións da lista de 100 persoas máis influíntes do mundo da revista TIME entre os anos 2004 e 2011.

O documental sobre o Camiño de Santiago intégrase nunha serie de sete capítulos nos que se tratará o tema da espiritualidade a través de experiencias concretas. No caso do documental, adicado á espiritualidade no Camiño de Santiago, o protagonista será un médico que, tras xubilarse, vivir a morte da súa esposa e a piques de ser avó por primeira vez, atopa a paz de espírito percorrendo o Camiño.

Part 2 Production ten recibido multitude de premios polos seus documentais, que se emiten nalgunhas das canles de máis prestixio do mundo, como National Geographic, History Channel, Discovery Channel ou PBS. A produtora, que conta coa colaboración de Turismo de Santiago a través do seu servizo para a promoción a través do audiovisual, a Santiago de Compostela Film Commission, leva gravando no Camiño dende o 27 de agosto, e estivo os días pasados na cidade, gravando especialmente na catedral e nas súas prazas.

EE. UU. está consolidándose como un dos mercados principais para a cidade, tanto en número de pernoctacións coma de peregrinos. No ano 2012 viviu a maior cifra da historia da cidade en ambas categorías, cuns crecementos do 90 % no número de peregrinos e do 30 % en pernoctacións na cidade. Neste ano 2013 parece que se superan as cifras do ano pasado, xa que ata o 27 de agosto fixeron o Camiño 6.729 peregrinos procedentes do país, practicamente os mesmos que no conxunto do 2012. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels