PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago e Turismo de Tanabe intercambian persoal para mellorar o coñecemento dos mercados

fai 11 anos

Turismo de Santiago e Turismo de Tanabe intercambiarán persoal no marco da súa colaboración para a promoción conxunta de ambas cidades, referencia das dúas rutas de peregrinaxe declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.

Touroperadores xaponeses en Santiago

Santiago e Tanabe levan tempo traballando xuntas, pero este ano reforzarán esta colaboración con motivo do ano dual Xapón-España, cun plan de promoción conxunta. Grazas a este intercambio, un técnico de Turismo de Santiago traballará entre o 26 de agosto e o 18 de setembro no ente de xestión turística de Tanabe, onde, ademais de aprender os modos de traballo da administración turística xaponesa, poderá coñecer mellor a súa cultura para aplicar esta experiencia ás próximas accións de promoción de cara a este mercado. Posteriormente, un técnico de Turismo de Tanabe traballará en Santiago nas dependencias da empresa municipal de promoción turística.

Dende Turismo de Santiago considérase ao mercado xaponés unha oportunidade para a cidade. É un dos de maior gasto medio por persoa, con máis de 2.000 euros de media no noso país, segundo os datos da “Encuesta de Gasto Turístico 2011”, elaborada polo Instituto de Estudios Turísticos.

Así, o impacto do turismo xaponés non se ten que medir só tendo en conta as pernoctacións que xenera, senón tamén o gasto que pode facer cada turista xaponés que, por exemplo, triplica o gasto medio dos turistas franceses, que é inferior a 700 euros.

No ano 2012 o mercado xaponés alcanzou o maior número de pernoctacións na cidade, cun crecemento do 20 % respecto ao 2011, segundo os datos do INE. Dende Turismo de Santiago considérase que estas cifras poden continuar crecendo, aproveitando a mellora na conectividade aérea co país asiático grazas á conexión de Turkish Airlines co seu hub de Estambul.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeCasa Pepe