PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As pernoctacións creceron un 14,9 % en Santiago no mes de xullo

fai 10 anos

Segundo os datos do INE, houbo 123.300 pernoctacións, o que representa un crecemento do 14,9 % con respecto a xullo de 2012. O crecemento apoiouse tanto no aumento de pernoctacións domésticas coma internacionais, que seguen alcanzando as mellores cifras da historia na cidade.

No mes de xullo houbo 70.032 pernoctacións de turistas españois en Santiago, que representan un aumento do 13,1 % respecto a xullo de 2012. Trátase dun dato moi importante para a cidade, posto que rompe a tendencia a baixa na demanda doméstica que comezou no 2011 debido á crise económica que está a vivir o país.

O crecemento do mes de xullo nas pernoctacións domésticas permitiu que entre xaneiro e xullo o turismo español sumase 347.762 pernoctacións, que implican un lixeiro crecemento do 0,4 % respecto ao mesmo período do ano pasado. No mesmo período dos anos 2011 e 2012 houbo caídas moi importantes. En 2012 foi do 15,6 % e en 2011 do 22,9 %. Así, os datos ata xullo parecen indicar que se detivo a baixada do turismo doméstico.

Pola súa banda, o turismo internacional continuou consolidando o seu crecemento en Santiago. No mes de xullo houbo 53.268 pernoctacións internacionais, un 17,3 % máis que no mes de xullo de 2012. Deste xeito, o turismo internacional continúa crecendo con forza respecto ao ano 2012, que xa fora o mellor da historia no número de pernoctacións foráneas na cidade.

No acumulado anual, as pernoctacións de turistas internacionais alcanzan xa as 248.821, que representan un aumento do 12,4 % respecto aos primeiros sete meses do ano 2012. Este crecemento continuado no último par de anos do turismo internacional está permitindo que se esté modificando a estructura da demanda turística de Santiago, na que cada vez ten maior peso o turismo internacional.

Os bos datos de xullo tanto de turistas españois coma estranxeiros permitiron que entre xaneiro e xullo o número de pernoctacións totais na cidade chegase ás 596.583, que representan un crecemento do 5,1 % respecto ao mesmo periodo do ano 2012, de tal xeito que o 2013 parece que pode marcar un punto de inflexión respecto ás baixadas dos anos 2012 e 2011.

Turismo de Santiago cre que estes datos avalan as previsións da Concellería de Turismo, que estimaba un aumento do turismo internacional e apuntaba a que neste 2013 podía deterse a tendencia á baixa do turismo doméstico, que no mes de xaneiro deste ano viviu o seu primeiro mes de crecemento, tras 24 meses de caídas continuadas, entre xaneiro do 2011 e decembro do 2012.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeBodeguilla de San Roque