PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O presidente da Xunta evoca o espírito peregrino das cidades de Santiago e Asís

fai 10 anos

Alberto Núñez Feijóo evocou hoxe o espírito peregrino das cidades de Santiago de Compostela e de Asís, e avogou por que ambas as dúas traballen conxuntamente para difundir o legado cultural e artístico do que o Camiño é depositario. 

Desde a esqda: Nava Castro, dtora. de Turismo de Galicia; Claudio Ricci, alcalde de Asís; Núñez Feijóo, pte. da Xunta; padre José Rodríguez, ministro xeral da Orde Franciscana, e Patricia Buini, pta. do Consiglio Comunale de Asís

Así o manifestou o presidente da Xunta na xuntanza que mantivo esta mañá co alcalde desta cidade italiana, Claudio Ricci, con motivo da presentación da exposición conmemorativa do oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.

A mostra, que leva por título Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago, será presentada esta tarde no Palacio Bonacquisti e, en palabras do presidente, está concibida para “facer visible” a herdanza franciscana que pervive en Compostela; un vínculo que hoxe, sinalou, enlaza Galicia con esta cidade da Umbría italiana.

Dúas cidades irmáns de pisada peregrina

O mandatario galego apuntou que Santiago e Asís son “dúas cidades irmáns, de pisada peregrina e de portas abertas ao visitante”. Ambas as dúas, dixo, teñen sido “semente de concordia, de paz, e lugar de encontro de pobos, persoas e pensamentos que describiron o preámbulo do europeísmo”. “Ás portas da Catedral de Santiago e da Basílica de San Francisco de Asís late o mesmo espírito de fraternidade”, enfatizou.

O presidente galego asegurou que Galicia ten nesta xornada “un lugar destacado na axenda cultural” da cidade, e subliñou que esta conmemoración “é o punto de partida dun camiño de irmandade” que Santiago e Asís emprenden ao redor da figura de San Francisco. “Hoxe iniciamos unha andadura como dúas cidades unidas por facer prevalecer no tempo o trazado dun camiño no que conviven pobos e culturas”; unha ruta que agora “acada maior extensión” porque atopa en Asís “a súa porta de acceso a Roma”, afirmou.

Feijóo recoñeceu que ambas as dúas cidades tamén “coñeceron moi de preto o valor da solidariedade cando a desgraza golpea con forza”, en alusión ao terremoto de Asís do ano 1997, e a dous días de cumprirse un mes do accidente de tren de Santiago, que custou a vida a 79 persoas. E concluíu agradecendo ao alcalde de Asís a “gratificante e afectuosa hospitalidade” que brinda a cidade e expresando o seu desexo de facela recíproca.

Desde a esqda: Nava Castro, dtora. de Turismo de Galicia; Claudio Ricci, alcalde de Asís; Núñez Feijóo, pte. da Xunta; padre José Rodríguez, ministro xeral da Orde Franciscana, e Patricia Buini, pta. do Consiglio Comunale de Asís

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeOral Group