Cociña de autor ao alcance de todos
fai 11 anos
O restaurante Calderón, un dos referentes da hostalería compostelá, vén de pór en marcha unha “zona gastronómica de uso diario”. Así se denomina o espazo que ocupa a planta baixa da señorial casa da rúa Carreira do Conde onde, por 15 euros, o comensal poderá gozar da prodixiosa cociña de Siro González.
A terraza do restaurante Calderón no corazón de Compostela
A planta baixa do restaurante Calderón vén de converterse nunha zona gastronómica de uso diario onde é posible degustar diversas tapas, pratiños e un menú consistente en tres pratos salgados e un doce ao máis xenuíno estilo “Calderón”, isto é, sen renunciar á cociña de autor que fixo deste local un referente na cidade.
Con espazo para 40 servizos entre o comedor e a acolledora terraza interior, esta zona gastronómica permite acceder á elaborada cociña contemporánea de Siro González a un prezo accesible: 15 euros mais as bebidas. Este menú está dispoñible, tanto para xantar como para cear, de luns a sábado –o domingo o local está pechado– e a única condición para gozar del é que todos os comensais da mesa o pidan para non descompensar o servizo.
De todos os xeitos, quen prefira a tradicional carta do Calderón segue tendo á súa disposición as deliciosas propostas de Siro e os confortables comedores da planta superior, preparados para facer da estancia no restaurante unha experiencia íntima e diferente.
Sexa na carta ou no menú, os pratos elabóranse con produtos de mercado de primeira calidade aos que unha preparación innovadora e moi coidada converte en efémeras e exquisitas obras de arte. Unha vivencia singular que vai moito máis alá da gastronomía.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)