PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O programa Música no Camiño amenizará con actuacións musicais as tardes estivais no Camiño Francés

fai 10 anos

Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración cos concellos do Camiño Francés a través do que se financian actividades culturais para promover o produto musical galego nestes enclaves da Ruta Xacobea. No que vai de ano, 92.784 peregrinos percorreron o Camiño Francés a Santiago.

Turismo de Galicia e os concellos do Camiño Francés veñen de rubricar un acordo de colaboración a través do que se promoverá a distribución do produto musical galego nos concellos polos que discorre este Camiño. A través deste acordo, os devanditos municipios contarán con actuacións musicais para amenizar as tardes estivais, que se desenvolverán en lugares públicos e que serán de libre acceso e gratuítos. As actuacións promocionaranse tamén na páxina web do Xacobeo.

As actividades musicais que se desenvolvan teñen que contar cunha duración mínima de 30 minutos e celebraranse catro ou cinco días á semana, preferentemente os días de maior afluencia de peregrinos. En virtude do convenio subscrito, poderán incluírse na programación actuacións musicais de calquera modalidade a elección do concello, e tamén poderán ser intercambiadas entre os concellos participantes. A programación estará estruturada nun único período que abrangue dende o 12 de agosto ata o día 15 de setembro.

Revalorizar o Camiño Francés

Ademais deste convenio, este ano asinouse outro para a revalorización do Camiño Francés e a prestación de atención aos peregrinos, co fin de dar resposta á solicitude de colaboración dos concellos na tarefa de atención aos peregrinos no período estival. O obxecto deste convenio é definir os termos de colaboración para ofrecer información continuada e específica de todo o Camiño Francés aos camiñantes.

A estes convenios hai que engadir outro cos concellos que conforman a Mancomunidade do Camiño Francés para realizar tarefas de roce da maleza, limpeza de residuos e protección do Camiño, en definitiva todo o relativo ao mantemento do trazado polo que discorre.

O Camiño Francés é a ruta máis transitada no período estival. No que vai de ano xa a percorreron un total de 92.784, dos cales 47.042 son estranxeiros. En total, percorreron esta ruta un 11,77 % máis de peregrinos que o ano pasado por estas mesmas datas.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeLa Salle