Santiago de cámping
fai 11 anos
É outra forma de coñecer Compostela. Sen os afogos do turismo que ateiga a cidade e nunha contorna natural pero a tan só dez minutos da catedral está As Cancelas, un cámping situado a carón do maior centro comercial de Santiago e cun dos restaurantes máis afamados da cidade.
As instalacións contan con piscina e zona infantil e deportiva
O cámping As Cancelas é unha das opcións de aloxamento máis demandadas nos últimos tempos. Ás vantaxes económicas que supón, únese neste caso a ubicación destas instalacións, nunha área natural de gran beleza pero moi próxima á cidade e perfectamente comunicada con esta a través de autobuses públicos que pasan cada media hora.
Isto, e o amplo aparcamento do cámping, permite renunciar ao coche durante a estancia e facer moito máis cómoda a visita a Santiago. Ademais do aparcamento, As Cancelas conta con wifi, servizos médicos, piscina, duchas de auga quente, lavandería e zona infantil e deportiva. Os bungalows –para catro ou cinco persoas– están equipados con todas as comodidades.
Tampouco é preciso saír das instalacións do cámping para comer ou cear de luxo, posto que no mesmo recinto está a Brasería A Grella, un local de gran sona na cidade. Moitos veciños de Santiago acoden habitualmente á Grella e cada vez son máis os turistas que, sen estar aloxados no cámping, achéganse ao seu acolledor restaurante para gozar dunha carta variada que pon especial atención no produto galego de calidade e está especializada en carnes e peixes á brasa.
Sexa para pasar uns días ou para gozar da mellor gastronomía local, o camping As Cancelas é unha boa opción.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)