Recuperación integral en pleno Camiño a Fisterra
fai 11 anos
En 2004 abría en Brión o Hotel Balneario de Compostela. Situado en pleno val da Maia, a 10 km de Santiago pola estrada de Noia, está en pleno Camiño de Santiago a Fisterra. Parada merecida para quen vai de camiño e máis aínda para quen xa culminou a súa peregrinación.
O hotel está na estrada de Santiago a Noia, en Brión
O Hotel Balneario de Compostela dispón de 59 habitacións e capacidade para 130 persoas aproximadamente. Ademais de cafetería, restaurante á carta, amplos salóns para reunións e banquetes e todos os servizos propios dun hotel destas características (lavandería e tinturaría, acceso para minusválidos, garaxe, terraza de verán, conexión a internet gratuíta nas habitacións...), o hotel caracterízase polo seu moderno e completo balneario dotado de auga mineromedicinal do histórico manancial do hotel.
Hai diversos programas adaptados ás necesidades de cada persoa así como un completo circuíto termal de ata tres horas aberto de 9.00 a 21.30 h todos os días da semana, incluídos festivos e domingos. O balneario conta con equipo médico, fisioterapia e rehabilitación, centro de estética e solarium así como cos últimos adiantos técnicos en tratamentos de hidroterapia, mesoterapia e tratamentos complementarios. Dispón ademais dun club termal con piscinas de chorros, contracorrentes, camas de burbullas, jacuzzi, dúas saunas, un baño de vapor, ducha bitérmica e de aromas, xeo aromatizado, sala de relax con mármores quentes, circuíto circulatorio de pernas, zona de repouso e ecobar.
Para complementar a liña de saúde, o hotel conta cun ximnasio “Aqua sport club”, con 300 metros cadrados de salas de cardiofitness, peso libre e X-biking; área lúdica infantil e tenda deportiva. Aberto a todo o público, tanto clientes aloxados como externos, conta cun amplo horario para prestar o mellor servizo.
Opcións para todos os gustos e petos
Ademais o Hotel Balneario de Compostela ofrece bonos regalo con multitude de opcións, tanto para o balneario como para aloxamento e acceso ao club termal, así como numerosas ofertas de tempada. Destacan agora mesmo a “Compostela Verán 2013”, a “Especial Verán” ou a “Oferta Especial Peregrino”, que inclúe acceso ao spa de ata tres horas, masaxe local de pernas con ungüento circulatorio, tratamento especial de presoterapia e unha interesante oferta para quen desexe aloxarse no hotel.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)