Aloxarse nun convento para completar a experiencia xacobea
fai 11 anos
Chegar a Compostela e aloxarse no antigo convento das Oblatas completa unha experiencia única para o peregrino ou turista que busca coñecer a esencia desta cidade. O hotel AC Palacio del Carmen ofrece esta posibilidade a poucos metros da catedral e nunha contorna incomparable.
Terraza do hotel AC Palacio del Carmen
Situado na rúa Oblatas, no casco monumental de Compostela, este convento do século XIX foi rehabilitado respectando o estilo arquitectónico e artístico orixinal pero dotándoo dunha imaxe vangardista de gran contraste tanto en habitacións como en espazos comúns e, especialmente, no novo edificio anexo que se comunica co antiguo convento a través dun espazo acristalado con pasarelas colgadas e tubos de aire acondicionado.
O hotel AC Palacio del Carmen conta con todos os servizos dun establecemento de luxo dentro dun marco incomparable onde non falta nin a capela do anterior convento, reconvertida en salón para grandes eventos. As súas 74 habitacións pouco teñen que ver coas antigas celas: contan con acceso a internet wifi e sistema Mini Hi-Fi (as de categoría superior), ademais de servizo de habitacións 24 horas e todas as comodidades que se supoñen a un hotel de categoría superior.
Tampouco falta un cómodo aparcamento e unha ampla oferta de instalacións deportivas e de relax, como ximnasio, baño turco, sauna, terraza exterior e uns coidados xardíns que se poden ver desde cada unha das súas catro plantas. Ofrece tamén centro de negocios e sete salas de reunións para todo tipo de eventos.
Innovadora oferta gastronómica
A todo iso súmase un restaurante, O camelio, no que destaca unha esmerada oferta gastronómica, potenciada polo inigualable marco que ocupa. Trátase dunha restauración de vangarda que mantén un exquisito equilibrio entre o produto típico galego e a delicada variedade da cociña de autor. A esta carta acompáñase unha selección de viños das mellores denominacións de orixe nacionais.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)