PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As "Bodeguillas" de Santiago

fai 11 anos

Os barrios composteláns de San Roque, San Lázaro e Santa Marta acollen tres dos establecementos máis coñecidos e visitados de Santiago: as “Bodeguillas”. A orixinal, a Bodeguilla de San Roque, en pleno casco histórico de Santiago, cumpriu xa 26 anos de existencia. As súas irmás menores van camiño de repetir éxito.

Planta baixa da Bodeguilla de San Roque

Xusto en fronte do colexio e residencia La Salle atópase A Bodeguilla de San Roque, un establecemento mítico en Compostela pola súa gastronomía pero tamén por lograr hilvanar diversas disciplinas culturais de gran arraigo na cidade (música, enoloxía, gastronomía, pintura...) nun ambiente de “taberna típica” moi querido para veciños e grato para visitantes e peregrinos. 

O local, sempre repleto, foi ampliado con novas instalacións noutros barrios da cidade, de modo que se facilita a posibilidade de gozar de todo o que ofrece A Bodeguilla orixinal. Así naceron A Bodeguilla de San Lázaro –en pleno Camiño Francés, á beira do Palacio de Congresos– e, moito máis recentemente, A Bodeguilla de Santa Marta. En ambos as dúas, como en San Roque, as suxestións do día están marcadas pola elaboración de peixes, carnes e verduras de tempada, produtos “da praza” que comparten protagonismo coas tradicionais ensaladas ou as “tixolas” de polbo, setas... 

Tampouco falta unha completa carta de viños na que destacan as denominaciones de orixe galegas, que tan ben acompañan a oferta gastronómica. Pese ao especial coidado por seleccionar “os mellores caldos galegos”, na Bodeguilla pódense atopar prácticamente todas as novidades vinícolas de España. 

Un bo lugar para completar a visita a Compostela e para coñecer o Santiago máis típico e verdadeiro.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeApecsa

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeRestaurante O Dezaseis