PublicidadeCamara de comercio
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Unha delegación de xaponeses da illa de Shikoku percorre o Camiño de Santiago

fai 11 anos

A delegación iniciou as visitas institucionais para establecer unha liña de colaboración entre a promoción do Camiño de Santiago e a promoción do Shikoku Henro, unha viaxe relixiosa por 88 templos que rodea a illa de Xapón e que consta duns 1.200 quilómetros de percorrido. 

Nava Castro coa delegación procedente de Shikoku

Durante uns días, os integrantes desta delegación procedente de Xapón percorreron a Ruta Xacobea polo Camiño Francés. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu en Santiago á delegación, que tamén se achegou a coñecer Fisterra. Entre os integrantes do grupo atopábanse os responsables de dous dos 88 templos que conforman o Shikoku Henro, que amosaron gran interese pola Ruta Xacobea e por establecer liñas de colaboración mutua na difusión, promoción e divulgación de ambas peregrinacións milenarias.

Esta peregrinación iniciouna hai máis de 1.200 anos o gran monxe Kobo Daishi Kukau  que realizou este percorrido co obxectivo de levar a cabo unha formación persoal. Cada ano medio millón de persoas realiza este percorrido. A ruta Shikoku pode percorrerse a pé pero tamén en bicicleta, en moto ou en coche. É unha ruta centrada na natureza e na contemplación da paisaxe, así como no patrimonio e a tradición.

Representantes de Turismo de Galicia viaxarán en breve á illa nipona para coñecer de preto as singularidades da ruta e para traballar en futuras colaboracións conxuntas de cara a estreitar os lazos entre ambas peregrinacións.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeOral Group