PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Carballiño acolle unha mostra coa “visión nórdica” do Camiño

fai 11 anos

Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, abre hoxe no Carballiño as portas da mostra Camiño de Santiago. A ollada nórdica.

Esta exposición reflicte a paisaxe o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana dos peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago e que rexistraron cinco fotógrafas a través das súas cámaras.

A mostra fotográfica recompila os traballos de Chris Erlbeck, Tine Harden, Katja Lösönen, Eva Persson e Signe Raikstina, cinco artistas que reflicten dende iconas puramente xacobeas ata manifestacións antropolóxicas.

Retratos ou figuras anónimas no espazo conforman as pezas desta mostra que xa percorreu outras cidades como Caltagirone, en Sicilia; Copenhague, en Dinamarca; Río da Janeiro, São Paulo e Salvador de Bahía, en Brasil; Bergen, en Noruega; Lorient, en Francia e, xa en España, Alacante e Madrid.

Cifra de peregrinos

No que vai de ano, entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo de 2013, percorreron as Rutas Xacobeas 112.081 peregrinos que selaron a súa compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago. Son 11.777 peregrinos máis que no mesmo período de 2012, isto é, un 11,74 % máis. O 53,86 % deles son estranxeiros.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar