Santiago adhírese á Green Pilgrimage Network
fai 11 anos
Santiago de Compostela é xa socio da Green Pligrimage Network, unha rede internacional para a protección medioambiental das rutas e cidades de peregrinaxe. A adhesión tivo lugar durante a celebración do segundo encontro internacional desta rede, que se celebrou en Trondheim, Noruega.
Foto: ARC
A Green Pilgrimage Network naceu nun evento celebrado en 2011 en Assisi, Italia, e contou coa presenza do secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon. Actualmente, conta con 28 membros, entre os que hai representantes de Europa, Asia, América e África, e de diferentes relixións.
No segundo encontro internacional da rede que se celebrou estes días en Trondheim asistiron noventa personalides convidadas de China, Xapón, India, Palestina, Israel, México, Nixeria, Armenia e multitude de lugares de peregrinaxe de Europa. Cabe destacar a pertinencia desta adhesión no ano previo ao aniversario da peregrinaxe de San Francisco de Asís, patrono da Ecoloxía.
Con esta adhesión, Santiago pasa a formar parte dunha rede global de cidades de peregrinaxe e lugares sagrados de todo o mundo que queren ser modelos de protección do medioambiente. Os membros da Green Pilgrimage Network comparten a visión de peregrinos de todas as relixións e de todos os continentes, e das cidades que os reciben, convertíndose en modelos de protección do medioambiente, que deixan unha pegada positiva sobre a terra.
Unha pegada positiva require que os peregrinos deixen o lugar mellor do que estaba cando chegaron. Nun primeiro nivel pode consistir en cousas sinxelas como ocuparse da propia basura xerada, escoller axencias de viaxes con un comportamento sustentable, comer productos locais e orgánicos, comprar souvenirs procedentes unicamente de fontes sustentables, facer a peregrinaxe camiñando mellor que en vehículo.
Nun nivel máis ambicioso pode consistir en participar en programas sociais e de protección do medio ambiente durante a peregrinaxe, financiar programas para mellorar o medio ambiente e a biodiversidade das cidades de peregrinaxe, compartir ideas e inspiración con outros peregrinos e residentes, regresar ao fogar cun maior sentido da importancia do medio ambiente e participar activamente na protección medioambiental da cidade propia.
Proxecto Certo
Aproveitando a reunión da Green Pilgrimage Network, Trondheim tamén acolleu unha xuntanza do Proxecto Certo. Na reunión informouse de que xa se están comercializando en Italia as “tour boxes” coas tres rutas, paquetes turísticos que permiten facer as rutas de peregrinaxe, centrándose na gastronomía dos lugares. Tamén se informou dos resultados das feiras nas que se participou conxuntamente: Fitur, BIT de Milán e ITB de Berlín, e se confirmou que se fará tamén unha presentación na Feira TTG de Rimini en outubro.
Os membros do Proxecto tamén acordaron a edición de folletos baseados en produtos emblemáticos de cada ruta, especialmente de artesanía e gastronomía, que se distribuirán en feiras profesionais. Por parte de Santiago, ademais de toda a información relativa ao Camiño de Santiago, incluiranse catro produtos gastronómicos representantivo de Galicia: Viño DO Rías Baixas, Queixo DO Arzúa Ulloa, Mexillón de Galicia e a Tarta de Santiago. Respecto a artesanía, serán sobre o acibeche en Santiago e a Cerámica de Sargadelos.
Na reunión do Proxecto Certo tamén se fixo unha degustación de productos gastronómicos representativos de cada unha das rutas de peregrinaxe. No caso do Camiño de Santiago degustouse Queixo DO Arzúa Ulloa, Mexillón de Galicia e Tarta de Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)