O tren turístico Al andalus chegou hoxe a Santiago por primeira vez
fai 11 anos
Máis de corenta xornalistas chegaron esta tarde á estación de ferrocarril de Santiago no tren Al Andalus, que por primeira vez na súa historia chegou a Santiago. Os integrantes da viaxe proceden de España, Brasil, Estados Unidos, Alemaña, Italia, Singapur, Arxentina, Venezuela, Suecia, Noruega, Finlandia, Inglaterra e México.
Os xornalistas especializados que hoxe chegaron a Compostela no Al Andalus difundirán internacionalmente este tren que realiza o Itinerario Camiño de Santiago. A chegada do tren turístico a Galicia é posible grazas ao acordo entre Renfe e a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia.
Os viaxeiros que percorreron o traxecto que une Zaragoza e Santiago realizan o Camiño viaxando a bordo deste tren turístico de luxo. Iniciaron a viaxe na capital aragonesa e percorreron A Rioxa e Castela-León ata chegar a territorio galego. En Galicia farán paradas en Ourense, Vedra, Santiago, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Vigo, Pontevedra e A Coruña.
Esta nova proposta combina a gran oferta gastronómica de primeiro nivel coa oportunidade de descubrir paisaxes e de realizar numerosas actividades relacionadas co turismo cultural.
O tren consta de sete coches-suite, cinco deles construídos en Francia a finais dos anos vinte. Os coches-salóns datan de entre 1928 e 1930. Trátase do máis amplo tren turístico do mundo. Ten capacidade para 64 persoas distribuídas en 32 suites de diferentes tipoloxías.
Percorrido do Al Andalus en Galicia
Antes da chegada a Santiago, os viaxeiros puideron visitar en os xardíns do pazo de Santa Cruz de Ribadulla e mais os do pazo de Oca. Xa en Santiago os viaxeiros poderán visitar as prazas do casco histórico, a catedral e poderán gozar da sesión pirotécnica dos Fogos do Apóstolo e dunha cea no Hostal dos Reis Católicos.
A viaxe continúa mañá cara a Vilagarcía e os viaxeiros terán a oportunidade de coñecer Cambados, o casco histórico de Pontevedra, e tamén Vigo ata concluír a viaxe na Coruña,
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)