PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Xuño foi o mes da historia co maior número de pernoctacións internacionais en Santiago

fai 9 anos

Santiago continúa crecendo como destino turístico internacional. Segundo os datos do INE, no mes de xuño alcanzouse o maior número de pernoctacións internacionais nun só mes da historia da cidade, con 65.389.

O anterior récord producírase en setembro do ano 2012, con 64.193. O terceiro mes remóntase a setembro do ano 2010, cando foron 62.207. O dato é importante non só pola cifra alcanzada senón porque se produce no mes de xuño, cando dende 2009 o mes do ano con maior número de pernoctacións internacionais da cidade é setembro.

A cifra deste mes de xuño supón un crecemento do 14,6 % respecto das 57.036 do mesmo mes de 2012. Así, no primeiro semestre do ano chégase xa ás 195.553 pernoctacións internacionais, que supoñen un crecemento do 11,2 % respecto do mesmo período do ano anterior. Trátase tamén do mellor primeiro semestre da historia da cidade en pernoctacións internacionais.

Turismo nacional

O turismo español alcanzou ás 51.470 pernoctacións en xuño, un descenso do 8,6 % respecto a xuño de 2012. Non obstante, a subida do turismo internacional en xuño fixo que en termos globais aumentase o número de persoas que fixeron noite en Compostela, xa que sumando domésticas e foráneas chegaron a 116.859, un 3,1 % máis que no mesmo mes do ano pasado, cando houbo 113.350.

No primeiro semestre o turismo español acumula 277.730 pernoctacións, un 2,3 % menos que no mesmo período do ano pasado. Pero tamén neste tempo o crecemento do turismo internacional fixo que se alcanzasen mellores datos que en 2012. Ata xuño a cidade rexistrou un total de 473.283 pernoctacións, o que supón un aumento dun 2,8 %. O turismo internacional representou neste período por primeira vez na historia máis do 40 % do turismo da cidade.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 8 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 8 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeLa Salle