PublicidadeTurismo de Santiago
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Área Santiago presenta a imaxe da súa nova campaña promocional

fai 10 anos

O Grupo Área Santiago presentou a imaxe da campaña promocional que desenvolverá en agosto baixo o lema “Moi cerca de Santiago... Sorpréndete!”.

O acto de presentación tivo lugar na oficina de información de Turismo de Santiago, onde representantes políticos e técnicos dos concellos de Área Santiago mostraron a imaxe da campaña, composta por catro fotografías que pretenden transmitir algúns dos valores diferenciais de Área Santiago: o relax e a tranquilidade, as actividades deportivas na natureza e o patrimonio histórico.

A campaña ten un dobre obxectivo: mostrarlles, tanto aos turistas das praias como aos veciños da zona, que hai unha oferta moi ampla de actividades e atractivos para gozar da área de Compostela todo o ano.

A campaña, financiada conxuntamente polos 19 concellos que forman parte do grupo, concrétase en quince paneis publicitarios, oito en castelán e sete en galego, que estarán visibles tanto nos principais puntos de acceso por estrada á zona como nalgúns lugares de praia cun número importante de turistas españois, como Sanxenxo, O Grove ou Baiona.

Entidade xurídica

Antes da presentación, o Grupo Área Santiago celebrou unha reunión na que se estudou un informe elaborado polo Concello de Santiago sobre as distintas posibilidades que teñen os Concellos para constituirse como unha entidade xurídica cun triple obxectivo: facer máis áxil a xestión do grupo, poder presentarse a subvencións e concursos, e recibir financiación directar doutras administracións. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeCasa Pepe