PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Feijóo percorre cos rapaces de “Conecta con Galicia” un tramo da Vía da Prata

fai 11 anos

O presidente da Xunta de Galicia percorreu hoxe, luns 22 de xullo, un treito da etapa entre Cea (Ourense) e Dozón (Pontevedra) do Camiño de Santiago do Sureste, que transcorre a través da Vía da Prata, acompañando aos rapaces do programa “Conecta con Galicia”.

O presidente da Xunta cos mozos de "Conecta con Galicia"

Xunto co presidente estiveron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, xa que ambas as dúas institucións son as encargadas de pór en marcha o programa.

A andaina comezou na aldea de Pielas e atravesou a da Ventela por un tramo de marcado carácter rural, ata rematar diante do mosteiro de Oseira, un dos moitos monumentos sobre os que reciben información os rapaces e rapazas galegos deste e doutro lado do Atlántico.

O programa

“Conecta con Galicia” pretende espallar a cultura, o modo de vida e a actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e a estadía de mozas e mozos galegos –en moitos casos de segunda xeración, ou só nados pero non criados na Galicia territorial– que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe.

Deste xeito, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva, pois a realidade desa Galicia real, vivida en primeira persoa, transmítese ás xeracións máis novas, de modo que cada un e unha dos participantes actúan como axentes da renovación da galeguidade nos puntos de orixe ou residencia cotiá dos participantes.

Nas residencias e albergues xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude realizarán dúas actividades, de seis días cada unha. A denominada “Cultura e Camiño”, na que participan en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural, e percorren o Camiño de Santiago en varias etapas ata Compostela; e un segundo grupo de actividades de náutica.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeOral Group