A Guide du Routard actualiza a información de Galicia
fai 11 anos
Turismo de Galicia, en colaboración coa Oficina Española de Turismo en París, colabora coa Guide Routard na viaxe de prensa que realizan dous xornalistas franceses que recompilan contidos para La Routard, a prestixiosa colección de guías turísticas.
Ata o vindeiro día 20 de xullo, os dous xornalistas percorrerán ademais de Santiago de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra ou Vigo, algunhas zonas da Costa da Morte, como Muxía, e outros enclaves próximos.
Tamén recollerán documentación en diversos punto, como Fisterra, Padrón e diversos concellos das Rías Baixas, por onde pasa a ruta marítimo fluvial do mar de Arousa e Ulla. A propia Guide du Routard indicou o itinerario que precisaban percorrer para levar a cabo a recollida de información e a conseguinte actualización dos contidos da guía.
Xornalista rusa
A xornalista rusa Daria Tkacheva percorrerá as cidades da Coruña e Santiago de Compostela e algunhas localidades das Rías Baixas grazas a un presstrip en colaboración con Turismo de Galicia no que realizará un traballo sobre o destino para a editorial RCC, un dos grupos mediáticos máis importantes de Rusia.
Tkacheva encárgase da sección Life Style dentro do grupo e recompilará material sobre aloxamentos, restauración, turismo de saúde e experiencias turísticas únicas que se poden vivir no destino Galicia.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)