A Fundación Ruta do Mar de Arousa e Ulla organizou unha nova edición da súa peregrinación
fai 11 anos
Este fin de semana tivo lugar a vintenove edición do remonte marítimo-fluvial que conmemora a Traslatio Apostólica. A saída fíxose este ano desde o peirao do Grove.
Previamente á saída para o percorrido pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, o Concello do Grove acolleu un acto institucional conmemorativo desta nova edición dunha peregrinación que organiza a Fundación Ruxa Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Nos actos que se desenvolveron no concello estiveron presentes ademais do alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, o presidente da Fundación, Javier Sánchez-Agustino Mariño, e mais a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, así como os rexedores municipais dos concellos da Ruta: A Illa de Arousa, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Santa Uxía de Ribeira, Pontecesures, Valga, Catoira, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Meaño, Sanxenxo, O Grove, Ribadumia, Meis, Rois, Brión e Santiago de Compostela.
Na súa intervención, a directora de Turismo resaltou que o remonte anual marítimo-fluvial conmemorativo da Traslatio Apostólica é unha “ocasión única de vivir a cultura xacobea dende a súa orixe”. Castro recalcou que “polo mar de Galicia chegou o corpo á cidade que hoxe venera os seus restos e á que cada ano chegan uns douscentos mil peregrinos para honralo e para ofrecerlle o seu esforzo e superación persoal”.
Cartilla náutica
Do mesmo xeito, recalcou a importancia desta acción conxunta entre todos os concellos que compoñen a Ruta e o feito de que “a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla sexa o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo”. De igual modo, resaltou as potencialidades turísticas desta zona de Galicia e incidiu en que facer este percorrido é un xeito singular de descubrir o destino.
A directora de Turismo lembrou que dende o pasado mes de maio, aqueles que naveguen pola ruta poderán acreditar que foron peregrinos por mar a través dunha cartilla náutica expedida polo Club Náutico San Vicente do Grove.
Tras a travesía pola Ruta Xacobea, os asistentes puideron participar nunha visita guiada a Padrón e descubrir na vila as pegadas da cultura xacobea.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 10 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)