Santiago albergará o I Congreso Internacional de Peregrinacións e Turismo que organiza Nacións Unidas
fai 11 anos
O presidente da Xunta puxo en valor a dimensión do Camiño de Santiago como “factor de dinamización económica importantísimo” e como centro dunha industria turística galega que representa o 11 % do PIB e dá emprego ao 10 % da poboación ocupada.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo participou hoxe, venres 12 de xullo, na sinatura do protocolo de colaboración entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o secretario xeral da Organización Mundial para o Turismo, Taleb D. Rifai, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Borrego Cortés, para a celebración deste evento na capital galega en setembro de 2014.
O presidente da Xunta puxo en valor a achega da Ruta Xacobea á vertebración de Europa e ao coñecemento entre culturas, e apostou por aproveitar a ocasión que representa o oitavo aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís para aproveitar ao máximo o potencial do Camiño. Destacou que Galicia desenvolverá entre este verán e mediados de 2015 unha intensa programación coa que agarda converterse en polo de atracción de alcance internacional, e afirmou que, nese marco, o Congreso representa “unha oportunidade excepcional”.
Internacionalizar a súa oferta turística
Salientou que o Congreso Internacional de Peregrinacións permitirá afondar na estratexia da Xunta de internacionalizar a súa oferta turística. A este respecto, informou de que na primeira metade do ano chegou a Compostela un 12 % máis de peregrinos que no mesmo período do ano anterior, con especial presenza de camiñantes estranxeiros, máis do 60 %, o que fai o Camiño máis universal que nunca.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 9 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)