Turismo de Santiago e Hostelería Compostela colaboran na promoción da cerimonia do botafumeiro
fai 11 anos
Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela editaron conxuntamente un material destinado a promocionar a cerimonia do botafumeiro que ten lugar todos os venres na misa das 19.30 h.
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e os presidentes da Asociación Hostelería Compostela, José Manuel Otero e Jesús Sordo, presentaron no Pazo de Raxoi o material co que se pretende promocionar a cerimonia do botafumeiro. Trátase de carteis e flyers que se distribuirán na oficina de información de Turismo de Santiago, por onde se atenden preto de 200.000 consultas ao ano, na oficina que Turismo de Santiago ten en Lavacolla, nas propias instalacións da Asociación Hostelería Compostela e en múltiples establecementos da cidade, entre os que se encargará de distribuílos á propia Asociación.
Turismo de Santiago está promocionando a cerimonia a través das súas redes sociais, tanto na páxina facebook.es/TurismodeSantiago, e na súa conta en Twitter @santiagoturismo, e nas novas redes sociais do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ademais terá un banner na portada da súa páxina web, que no que vai de ano leva preto de dous millóns de páxinas vistas. Tamén se incluirá un anuncio na revista co programa das festas do Apóstolo que está preparando o departamento municipal.
A cerimonia do botafumeiro segue un calendario de celebracións litúrxicas como parte da misa correspondente. Fora destas datas sinaladas, para que se celebre a cerimonia do botafumeiro, ten que ser solicitado explicitamente. Pero dende abril, ante a gran demanda existente por parte dos turistas e dos visitantes, estase celebrando regularmente todos os venres na misa das 19.30 horas, grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela, a Cámara de Comercio e a Fundación da Catedral.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)