PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Un premiado videoxogo sobre o Camiño de Santiago

fai 11 anos

O Codex do Peregrino é un proxecto promovido e posto en marcha polo CEIEC (Centro de Innovación Experimental do Coñecemento) da Universidade Francisco de Vitoria para achegar aos mozos o Camiño de Santiago.

Co uso dun videoxogo como medio de transmisión pretenden ensinar a música, a historia, a arte... pero tamén espertar o interese polo Camiño, ofrecendo aos xogadores “unha nova forma de vivilo e animándoos a reflexionar sobre o que significa e a percorrelo algún día en primeira persoa”.

Segundo os seus creadores, o obxectivo do proxecto é “competir con outros títulos comerciais” ao integrar o contido cultural no fío condutor da historia e nas mecánicas de xogo.

Etapa en Santiago
O Códex do Peregrino estrea etapa en Santiago e faino de modo gratuito. Co apoio de Arcebispado de Santiago, o xogo permite visitar a praza do Obradoiro en pleno medievo para ver como os obradores tradicionais levantaban a catedral compostelá. 

Orientado a un público novo, o valor educativo é un engadido nun xogo cunha base sólida e co entretenimento propio dos videoxogos de última xeración. Tamén conta con algunhas funcionalidades especificamente desenvolvidas para plataformas móbiles e que farán uso das súas características tecnolóxicas para enriquecer a experiencia de xogo.

Historia
Norberto de Bricasard esconde un pasado e un segredo. Debe cumprir unha misión, pero perdeu a memoria e atópase só e ferido, por iso o xogador debe axudarlle a chegar a Santiago, enfrontarse ao Cabaleiro Negro e vivir unha épica aventura ao longo da ruta xacobea.

Desde Saint Jean Pied de Port ata Santiago a viaxe oculta aventuras, historias e lendas xamais reveladas que transcorren ao longo dos pobos e as paraxes polas que transcorre o Camiño. Unha viaxe chea de sorpresas, retos, perigos, desafíos e enigmáticos compañeiros de viaxe.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeCamping As Cancelas