PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Xacobeo apoia aos concellos do Camiño Francés para que proporcionen información turística especializada aos peregrinos

fai 11 anos

Grazas a este acordo, os municipios realizarán contratacións específicas de persoal especialmente cualificado sobre a información relacionada co Camiño Francés e coas rutas xacobeas, así como co patrimonio asociado ás mesmas e cos diferentes recursos.

Foto: Xoán Crespo

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dependente de Turismo de Galicia, José Paz Gestoso asinou hoxe cos rexedores municipais dos concellos de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Melide e Triacastela senllos convenios de colaboración para a contratación de persoal nos puntos de atención turística dos devanditos municipios que conte con formación especializada sobre os recursos turísticos da comunidade, así como con formación específica sobre as Rutas Xacobeas e os recursos turísticos, culturais, naturais e patrimoniais asociados a elas.

O obxectivo é que os peregrinos do Camiño Francés, así como os viaxeiros que así o demanden, poidan obter información puntual, precisa e especializada sobre os diferentes recursos relacionados coa ruta que percorren e ao tempo, que dispoñan da posibilidade de obter información sobre os servizos e produtos turísticos do destino Galicia.

En contraprestación por este servizo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo fará unha aportación de 8.000 euros para cada un dos Concellos destinada á contratación de persoal especificamente cualificado.

Peregrinos polo Camiño Francés

O Camiño Francés rexistrou no que vai de ano un incremento na cifra de peregrinos do 12,5 % a respecto dos rexistrados entre o 1 de xaneiro e o 11 de xullo de 2012. Neste ano, 60.831 peregrinos percorreron o Camiño Francés, 6.759 peregrinos máis que o ano pasado. O 70,62 % dos peregrinos que chegan a Compostela fano por esta ruta.

No que vai de ano, un total de 86.133 peregrinos percorreron todas as rutas xacobeas, un 11,9 % máis que no mesmo período do ano pasado. O 58,4 % dos peregrinos que recolleron a compostela na Oficina de Acollida ao peregrino no que vai de ano son estranxeiros. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeRestaurante O Dezaseis