PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago promociona a cidade en Alemaña

fai 10 anos

Turismo de Santiago, a través do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, estará entre este martes, 9 de xullo, e o xoves promocionando a cidade en Alemaña, o mercado turístico internacional máis importante para a Santiago.

Alemaña é un mercado prioritario para Compostela, tanto en número de pernoctacións como de peregrinos. Segundo o INE, no ano 2011, último dato dispoñible, houbo 54.618 pernoctacións na cidade, unha cifra que previsiblemente se superou no 2012 e que se confía superar tamén neste 2013.

Durante tres días, haberá reunións con axencias de viaxes e touroperadores de Colonia e Dusseldorf, dúas das cidades máis importantes de Alemaña co fin de informarlles das novidades da oferta patrimonial e de ocio que as trece cidades patrimonio españolas prepararon nos últimos meses. Entre as empresas do sector coas que se manterán contactos están Limar Reisen, DER Touristik&Incentives, Conti Reisen, ADAC Reisebüro, Ibero Tours GmbH, Droste Reisen, Ferien Touristik, Sprachcaffe, Traveller Köln, itravel e B&T Touristik.

Esta acción da continuidade ás promocións que o Grupo vén levando a cabo nos últimos anos en Alemaña, e súmase á recente presentación de producto efectuada en Hamburgo no pasado mes de abril e a presenza en agosto en Frankfurt no Museumsuferfest, a festa ao aire libre máis importante da cidade e que conta cunha ampla cobertura mediática.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeOral Group