Área Santiago promocionarase baixo o lema “Muy cerca de Santiago... Sorpréndete!”
fai 11 anos
O Grupo Área Santiago desenvolverá en agosto unha campaña publicitaria cun dobre obxectivo: promocionar entre visitantes e veciños a ampla oferta de actividades e atractivos que hai nos arredores da cidade para gozar durante todo o ano.
Unha das zonas que se pode visitar nos arredores de Santiago
O lema escollido para esta campaña publicitaria é “Muy cerca de Santiago...Sorpréndete!”, en castelán xa que se dirixe principalmente ao turista español habitual. A campaña, financiada conxuntamente polos 19 concellos que forman parte do grupo, concrétase en catorce paneis publicitarios con imaxes de Área Santiago que estarán visibles tanto nos principais puntos de acceso por estrada á zona como nalgúns lugares de praia cun número importante de turistas españois, como Sanxenxo, O Grove ou Baiona.
O Grupo Área Santiago acordou tamén estudar a forma xurídica máis apropiada cun triple obxectivo: facer máis áxil a xestión do grupo, poder presentarse a subvencións e concursos, e recibir financiación directar doutras administracións para aqueles proxectos que podan ser de interese para o desenvolvemento turístico da zona. A intención é que nos mes de setembro poda definirse esta configuración para entrar nas liñas de financiamento das diferentes administracións no 2014.
Coa definición da fórmula xurídica darase un paso máis na colaboración intermunicipal despois de que os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaran o pasado 27 de maio no Pazo de Raxoi o protocolo de colaboración co que naceu formalmente Área Santiago. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10 % da poboación de Galicia.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)