Turismo de Galicia inaugurou un novo albergue da Vía da Prata en Bandeira
fai 11 anos
Bandeira, no concello de Silleda, conta cun novo establecemento de aloxamento para os peregrinos que percorran a Vía da Prata.
Inauguración do albergue en Bandeira
O novo albergue, que foi inaugurado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, forma parte da Rede Pública de Albergues da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. A rede de albergues comezou a funcionar no Ano Santo de 1993 e foise ampliando nestes 20 anos ata sumar con este novo aloxamento, os 70 albergues que a día de hoxe funcionan ao longo das rutas do Camiño de Santiago. A Vía da Prata, con 13 albergues, é o trazado cun maior número de establecementos despois do Camiño Francés. En total, os 13 albergues suman 384 prazas das que 36 están nesta nova construción.
Na construción modular creouse un espazo de reunión e de descanso para o peregrino. Isto conseguiuse coa aparición dunha serie de patios. Os módulos dispóñense formando un conxunto edificatorio en planta baixa que alberga todo o imprescindible para o peregrino: dormitorios, aseos, duchas, cociña-comedor, área de lavado e secado e varias áreas de descanso e esparexemento. A cifra de peregrinos que percorreron o Camiño de Santiago no que vai de ano, segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino, é de 76.958, máis de oito mil camiñantes máis que os recibidos no mesmo período do ano anterior, dos que o 61,22% proceden doutros países. De todos estes peregrinos, 3.680 peregrinos percorreron a Vía da Prata.
A directora de Turismo lembrou tamén que dende xullo de 2013 ata xullo de 2015 Galicia celebra a conmemoración do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. “Isto constitúe un novo instrumento promocional para Galicia reforzando a súa imaxe como lugar de encontro, intercambio e concordia”, dixo. Esta conmemoración ten a consideración de Acontecemento Excepcional de Interese Público.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)