PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago colabora con Paradores e Easyjet na promoción da cidade no mercado británico

fai 11 anos

Turismo de Santiago colabora con Easyjet e Paradores na organización dunha viaxe de dez xornalistas británicos, que estarán na cidade ata mañá, 4 de xullo. O obxectivo é promocionar a cidade no mercado británico onde as pernoctacións baixaron nos últimos anos. 

Os xornalistas hospédanse no Hostal dos Reis Católicos

Os datos do INE dispoñibles, que se refiren ata o ano 2011, amosan esta involución. Entre o ano 2003 e o 2007 o número de pernoctacións do Reino Unido pasou de 20.713 ata 50.881. Non obstante, no 2008 comezou a descender, ata que no 2011 a cifra foi de 17.914. Os datos de 2012 non están aínda dispoñibles, pero dende Turismo de Santiago estímase que foron superiores a esta cifra e que continuará aumentando neste e nos próximos anos.

Precisamente, a nova conexión de Easyjet entre Santiago e o aeroporto londinense de Gatwick, que conta con tres frecuencias semanais os martes, xoves e sábado, é unha oportunidade para que o mercado británico poda recuperar as cifras que tiña en anos pasados.

Os xornalistas hospédanse no Hostal Parador dos Reis Católicos. Dende Turismo de Santiago deseñouse un programa de actividades para que poidan coñecer os principais atractivos da cidade e no que se inclúe unha visita as cubertas da catedral, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, e unha visita guiada ao casco histórico e ao mercado de Abastos. Na visita tamén terá especial importancia a gastronomía galega, que poderán degustar tanto no propio Hostal dos Reis Católicos, como no restaurante Porta Faxeira, que tamén colabora con Turismo de Santiago.

Descubrir Galicia

Na viaxe tamén se inclúen actividades fóra de Santiago, para amosar que a cidade pode servir como punto de entrada para descubrir Galicia. Unha das actividades será o percorrido dun tramo duns kilómetros do Camiño de Santiago entre Melide e Boente.

Tamén haberá unha visitara as Illas Cies, en colaboración co Patronato Rías Baixas. As Cíes son un importante reclamo para o mercado británico, especialmente dende que o xornal The Guardian escollese en febreiro de 2007 á Praia de Rodas como a mellor praia do mundo.  

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar