A exposición didáctica "Á luz do Calixtino" pode verse na cidade italiana de Bari
fai 11 anos
A mostra segue así a súa ruta por diferentes cidades europeas despois de facelo por España.
A inauguración desta exposición, organizada por Turismo de Galicia tivo lugar esta tarde no museo Nicolaiano-Portico dei Pellegrini, na Piazza San Nicola de Bari onde permanecerá ata o 30 de xullo. Na organización deste proxecto expositivo colaboran con Turismo de Galicia a Fundación Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego e, nesta ocasión, a Oficina de Turismo de España, o museo Nicolaiano da Diocese de Bari e a Embaixada Española en Italia.
Algunhas das pezas que se poden ver na mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha reprodución do Códice Calixtino do século XII; unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rei Afonso III en 874 - peza de ouro e pedrería realizada en 2004- ; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.
Ademais, poderán verse fotografías ampliadas de miniaturas do Códice así como textos, fotografías e a posibilidade da visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais baseadas en datos do Libro V do Códice e dun programa de visita virtual á Basílica Xacobea denominado Libro de Pedra.
Tamén inclúe importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Codex, mentres que artistas como Luis Gabú, Santy López, Tino Viz, Eutropio Rodríguez e Silvia Steinbach ilustran coas súas fotografías a vixencia dunha serie de textos orixinais do Liber Sancti Iacobi. Trátase dunha maridaxe perfecta entre o pensamento do século XII e a vivencia actual da peregrinación compostelá no século XXI.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)