Paulo Coelho transmite o seu recoñecemento e apoio ao Camiño de Santiago
fai 11 anos
O presidente da Xunta recibiu hoxe na residencia oficial de Monte Pío, ao novelista e dramaturgo Paulo Coelho, con quen conversou sobre Galicia.
Foto: Conchi Paz
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu este mediodía, na residencia oficial de Monte Pío, ao novelista e dramaturgo Paulo Coelho. Feijóo falou con escritor sobre Galicia e, en concreto, sobre o Camiño de Santiago e todo o que representa.
Durante o encontro, o escritor responsable en gran medida da difusión da Ruta Xacobea en Latinoamérica e máis especificamente en Brasil, transmitiulle ao mandatario galego todo o seu recoñecemento e apoio ao Camiño de Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)