PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Santiago promociona o turismo británico

fai 10 anos

O Reino Unido é un dos mercados prioritarios para a cidade e ten amplas posibilidades de crecemento grazas á nova conexión entre Lavacolla e Londres de Easyjet con tres frecuencias semanais, que se suma ás catro de Ryanair con Londres.

Turismo de Santiago participou na Xornada “Spain, Art & Cultures Destination”, que se celebrou en Madrid, organizada por Turespaña a través da súa Oficina Española de Turismo de Londres. O obxectivo era dar a coñecer aos touroperadores británicos participantes a oferta de arte e cultura que poden atopar en Santiago, cidade Patrimonio da Humanidade. Os participantes convidados a esta xornada foron quince touroperadores especializados na organización de viaxes de Turismo Cultural, así como representantes de institucións culturais británicas como o British Museum, a Royal Academy ou o Goldsmith College of Art.

Ademais da posibilidade de entrevistarse con cada un dos touroperadores asistentes ao evento para amosarlles a oferta cultural da cidade, Turismo de Santiago asistiu ao foro “Spain Art and Culture: tendencias e oportunidades para o mercado británico”, moderado polo xornalista e editor Adam Coulter e no que interviron representantes de Turespaña e dos touroperadores británicos.

Na xornada Santiago tamén estivo representada a través do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, quen acude ao evento co obxectivo de promocionar o conxunto das 13 cidades que forman parte do grupo como unha rede na que se pode atopar unha ampla oferta que amosa a diversidade artística e cultural de España.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHotel Balneario Compostela
PublicidadeCasa Pepe