PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Concello confía que contiúe subindo o turismo internacional e que o doméstico cambie a súa tendencia

fai 11 anos

A concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis, valorou os datos de pernoctacións do INE dispoñibles e presentou as estimacións municipais de cara aos meses centrais do verán. A previsión municipal é que continúe crecendo o turismo internacional e que se deteña o descenso do turismo doméstico.

O concello de Santiago prevé que continúe crecendo o turismo internacional, tal como fixo nos primeiros cinco meses do ano, nos que acumula unha subida do 9,5 %, destacando o crecemento de maio, cun 13,6 %. Este incremento dase xa sobre o ano 2012, que foi o ano con maior número de pernoctacións internacionais na historia da cidade, segundo os datos do INE.

Reyes Leis afirmou que dende Turismo de Santiago se ten feito un esforzo moi importante na promoción internacional da cidade. Dende setembro do ano pasado, pensando xa nesta tempada, Turismo de Santiago fixo accións directas e a través das súas redes nos principais mercados para a cidade: Alemaña, Italia, Francia e Reino Unido. Ademáis, fixo accións noutros mercados que son considerados oportunidades e que están a vivir un crecemento relevante: EE. UU., Xapón, Rusia, Irlanda, Bélxica ou Noruega.

A concelleira estimou que o crecemento pode manterse tamén grazas a apertura de novas conexións internacionais en Lavacolla, especialmente a conexión de Turkish Airlines con Estambul, que acerca a cidade ao mercado asiático, onde destacan a Xapón e Corea do Sur, e a conexión de Easyjet con Londres que, sumada a conexión de Ryanair, fai que Lavacolla teña unha frecuencia diaria coa capital británica. Ademais, hai que sumar a ampliación de frecuencias na conexión de Aer Lingus con Dublín, que pasa de tres a catro semanais, así como as restantes conexións internacionais coas que xa conta a cidade: Milán, Franckfurt, París, Xenebra, Basel e Zurich.

Turismo nacional

Respecto ao turismo doméstico, Reyes Leis considerou que neste verán pode deter o seu descenso e mesmo comezar un cambio de tendencia. O pasado mes de xaneiro foi o primeiro de crecemento tras 24 meses seguidos de caídas.

Tamén houbo crecemento en marzo, aínda foi debido principalmente ao adianto da Semana Santa e en maio, cun 7 %. Grazas a estas cifras, nos cinco primeiros meses do ano o turismo nacional descende apenas un 0,8 %. A concelleira apuntou que non se trata dun bo dato obxectivo, pero pode indicar que se está preto dun cambio de tendencia.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels