PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

As pernoctacións en Santiago subiron un 10,4 % en maio

fai 11 anos

Santiago sumou no mes de maio 118.247 pernoctacións, fronte ás 107.153 do mesmo mes do ano pasado, segundo os datos do INE. Isto supón un crecemento do 10,4 % respecto a 2012 e sitúa este mes de maio como o terceiro con máis pernoctacións desde o 2005.

Os datos de maio foron debidos a dous factores complementarios: por unha banda, continuou o constante crecemento do turismo internacional na cidade que se está a producir dende comezos de 2012; por outra, nos datos de maio houbo un crecemento importante nas pernoctacións domésticas, que dende xaneiro de 2011 estaban a vivir meses continuos de descensos.

No pasado mes de maio houbo 61.260 pernoctacións internacionais en Santiago, un crecemento do 13,6 % respecto do mesmo mes do ano 2012. Son unhas cifras importantes posto que se trata do mellor mes de maio da historia en pernoctacións internacionais na cidade. Trátase ademais do segundo mes de maio consecutivo no que hai máis pernoctacións foráneas que domésticas, un fenómeno que ocurriu por primeira vez precisamente en maio de 2012.

Recuperación do turismo doméstico

As pernoctacións domésticas alcanzaron as 56.987, un 7 % máis respecto de maio do 2012. Tamén é unha cifra relevante, posto que pode indicar que o mercado doméstico está vivindo unha certa recuperación na cidade, aínda que será nos próximos meses cando se poida confirmar esta certa recuperación. Precisamente é na baixada do mercado doméstico, que pola crise económica descendeu durante 24 meses consecutivos entre xaneiro de 2011 e decembro de 2012, onde se atopa unha das principais causas dos datos obtidos no último par de anos da cidade. 

En termos acumulados, entre xaneiro e maio houbo 356.424 pernoctacións, un 2,8 % máis que no mesmo periodo do ano 2012. O turismo doméstico suma 226.260, un 0,8 % menos que no ano pasado. O turismo internacional suma 130.164 pernoctacións, un 9,5 % máis. Esta é unha cifra considerable, especialmente se se ten en conta que o 2012 foi xa o ano con maior número de pernoctacións internacionais na cidade.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeClub Financero de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeCamping As Cancelas