Padrón, Rois e Teo acollen a primeira excursión organizada dende Área Santiago
fai 11 anos
A excursión preséntase baixo o título “Marabillas do Camiño Portugués de Padrón a Santiago”. Trátase dunha experiencia piloto, posible grazas á Asociación de Veciños de Pontesionlla e á Concellería de Centros Sociculturais de Santiago, que encaixou esta acción no programa de excursións veciñais “Imos coa Asociación”.
Trátase da primeira excursión organizada dende Área Santiago, grupo de traballo composto por 19 concellos para a súa promoción turística conxunta. Área Santiago ten dous obxectivos: aumentar o número de turistas e a súa estancia media e fomentar o fluxo de persoas entre os concellos da área, apostando por un “Turismo Kilómetro Cero”, de tal xeito que os propios habitantes da zona visiten os recursos e atractivos turísticos dos concello veciños, descoñecidos en moitos casos.
A excursión piloto, que se desenvolverá hoxe, domingo 23 de xuño, serve como base para testar o desenvolvemento de futuras excursións e paquetes turísticos, de tal xeito que se ampliaría a oferta de actividades para os turistas que veñan a Santiago e os arredores. Ao mesmo tempo, servirá tamén para testar a inclusión dos concellos veciños nos diferentes programas municipais de excursións, como en Santiago é o caso do programa “Imos coa Asociación”.
A excursión xira arredor de puntos destacados nos últimos kilómetros do Camiño Portugués, como o casco histórico de Padrón e o mercado dominical, o convento franciscano de Herbón, a aldea de Angueira de Castro, xa no concello de Rois e o Pazo do Faramello. Dende aquí farase un tramo do Camiño Portugués, para rematar o percorrido na centenaria carballeira de Francos, xa en Teo, onde se atopa un dos cruceiros más antigos de Galicia, do século XIV.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)