A Xunta resalta a potencialidade e os elementos diferenciais de Galicia para atraer turismo internacional
fai 11 anos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, resaltou nunha entrevista realizada na Radio Galega as potencialidades do destino Galicia para atraer a turistas internacionais a través da diferenciación e a calidade que caracterizan a oferta turística galega.
Nos primeiros catro meses deste ano, o crecemento de viaxeiros internacionais que visita Galicia, segundo os datos dos que dispoñemos no último cuadrimestre ten acadado máximos históricos dentro do peso da estrutura da demanda na comunidade, chegando a un 18,3 % do total de viaxeiros neste período. A cifra de estranxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da comunidade ten subido un 3,3 % e a de pernoitas un 4 % nos catro primeiros meses de 2013 en comparación co mesmo período do ano pasado. Ademais, a cifra de peregrinos estranxeiros xa alcanzan un 61,3 % do total no que vai de ano.
A campaña turística posta en marcha por Turismo de Galicia, baixo o claim Galicia, o bo camiño pretende captar ao turismo nacional, amosando os principais atributos do destino e aquelas motivacións que levan ao turista a escoller Galicia como destino. Así mesmo, Castro recalcou a presenza de Galicia na campaña da Volta Ciclista a España 2013, dado que durante dous meses o vídeo promocional da proba deportiva contribuirá a difundir a paisaxe, a natureza e a gastronomía galega.
A directora de Turismo incidiu tamén na aposta de Galicia pola calidade como reclamo para os turistas que buscan un tipo de experiencia vinculada á boa mesa e aos produtos de calidade. Tamén comentou o alto grao de fidelización do destino e a oferta diversificada como polo de atracción para os turistas de novos mercados e incidiu na aposta por mercados como o xaponés, resaltando a potencialidade do irmanamento do Camiño de Santiago e o Camiño Kumano e a celebración do Ano Dual España-Xapón.
Sobre a campaña de Turismo de Galicia incidiu no feito de que utiliza o Camiño de Santiago como reclamo fundamental e fai un guiño á idea de que Galicia é un destino saudable, no que destaca o bo ambiente, a boa comida, a tranquilidade e a hospitalidade, vinculada historicamente á Ruta Xacobea.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)