PublicidadeUSC
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O Camiño recibe o Premio ao mellor produto de Turismo Activo concedido en Fitur

fai 10 anos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro recolleu en Madrid o galardón que distingue ao Camiño de Santiago como mellor produto de Turismo Activo no apartado Nacional de Cultura dos premios que outorga Fitur 2013 e mais a revista Aire Libre

O Camiño de Santiago foi distinguido na categoría Nacional de Cultura e o xurado valorou aspectos como a presentación, a imaxe, a contribución á recuperación do medio e ao desenvolvemento sostible ou a calidade das infraestruturas.

A capacidade de xerar experiencias, de funcionar como foro de intercambio cultural, así como o feito de contribuír á preservación do patrimonio cultural, artístico e arquitectónico asociado á ruta de peregrinación son aspectos valorados á hora de outorgar á Ruta Xacobea esta distinción.

O Camiño de Santiago é o Primeiro Itinerario Cultural de Europa e percórreno cada ano miles de persoas. No que vai de 2013 fixeron algunha das Rutas Xacobeas e recolleron a súa compostela un total de 62.815 peregrinos, un 10,2 % máis que no mesmo período do ano pasado.

Premios Fitur 2013

A distinción do Camiño de Santiago como Mellor Produto de Turismo Activo no ámbito cultural foi outorgada tras valorar outros 16 candidatos no eido nacional. No certame participaron un total de 70 produtos, 20 deles no eido internacional e 50 no ámbito nacional.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Hosteleria de Santiago

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeMultiusos Fontes do Sar