PublicidadeNovagalicia banco
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Turismo de Galicia e Europ Assistance poñene a disposición dos peregrinos o seguro xacobeo

fai 11 anos

A directora de Turismo de Galicia e o director xeral de Europ Assistance asinaron un convenio a través do que se porá en marcha un seguro de viaxe dirixido aos peregrinos que percorran o Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta procedentes de calquera parte do mundo. 

Nava Castro e o director xeral de Europ Assistance na presentación do convenio

A directora de Turismo, Nava Castro, incidiu en que o Camiño de Santiago é o produto estrela do Turismo galego, “a nosa mellor maneira de promocionar o destino e, ano a ano, increméntase a cifra de persoas que queren vir”. No que vai de ano, un total de 62.708 peregrinos procedentes de máis de cen países recolleron o seu documento acreditativo da peregrinación, un 11,5 % máis que no mesmo período do ano pasado.

Castro comentou que Galicia, o bo camiño é o claim da nova campaña turística de Galicia. “O Camiño é a gran marca de internacionalización do destino”, resaltou. “Supón outorgar protagonismo e resaltar a vital importancia da Ruta Xacobea para a imaxe turística de Galicia. Só aquí está a meta dos peregrinos que dende hai séculos percorren Europa”. Do mesmo xeito, destacou o carácter aventureiro da ruta e indicou que é importante que a experiencia “estea avalada pola seguridade e pola confianza”.

Garantir a chegada a Santiago

Pola súa banda, o director de Europ Assistance destacou que a compañía, que este ano cumpre 50 anos, pon este servizo a disposición dos peregrinos por primeira vez. “Trátase dunha prestación singular porque inclúe ademais unha novidade que é que o peregrino, malia o percance que lle poida acontecer para precisar asistencia dalgún tipo, pode ser trasladado a Santiago para cumplir a súa promesa de chegar á cidade do Apóstolo”. Juan Carlos Guzmán incidiu en que o seguro cubre tamén a anulación da viaxe se por calquera causa non se puidera realizar e que se trata dun produto dinámico e personalizable segundo as necesidades do cliente.

O seguro está dirixido a residentes e non residentes en España e comercialízase a través de dúas canles: teléfono e internet, mediante a web de Europ Assistance e a través dun enlace que se situará en webs das sociedades e asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Do mesmo xeito, na web do Xacobeo tamén figurará un link.

Comercialízase en español, francés, inglés, alemán, portugués e italiano. Inclúe entre as garantías asistencia en viaxe, traslado a Santiago en caso de enfermidade ou accidente; servizo de intérprete; cancelación de tarxetas por perda, roubo ou furto; asesoramento xurídico; ou responsabilidade civil. Inclúe garantías de contratación opcional como anulación da viaxe non iniciada ou coberturas de equipaxe.

No caso de asistencia ao ciclista, existen garantías de contratación obrigatoria na modalidade ciclista que son: o traslado da bicicleta en caso de enfermidade ou accidente; bicicleta de substitución ou perda e danos de material deportivo.

O seguro cubre a estancia do peregrino mentres percorre a Ruta Xacobea así como as posibles necesidades que lle poidan xurdir na viaxe. 

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeAC Palacio del Carmen, Autograph Collection Hotels