Turismo promociona en París o destino Galicia e as Rías Baixas
fai 11 anos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, realizou no hotel Banke de París unha presentación centrada nos recursos turísticos da comunidade e máis no destino Rías Baixas.
No acto estiveron presentes tamén a responsable de Turismo Rías Baixas, Ruth González; así como o director da Oficina Española de Turismo en París, Ignacio Vasallo.
Axentes de viaxes, operadores turísticos, medios de comunicación especializados e profesionais do sector turístico da capital gala presenciaron esta acción promocional no que supón para Galicia o segundo mercado internacional máis importante. Segundo a enquisa Frontur, máis de 151.000 viaxeiros procedentes de Francia visitaron Galicia en 2012. O 16,9 % dos viaxeiros internacionais que recibe a comunidade proceden deste país.
A directora de Turismo de Galicia destacou a importancia do Camiño de Santiago como lugar de encontro, comunicación e transmisión cultural, así como o feito de que a Ruta Xacobea teña dado orixe a primeira gran rede asistencial de Europa e conte dende 1987 coa declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
Do mesmo xeito, resaltou o feito de que Galicia conte con catro Patrimonios da Humanidade declarados pola Unesco e que constitúen parte fundamental da oferta turística da comunidade. Así mesmo, resaltou o potencial gastronómico e enoturístico da comunidade, a posibilidade de practicar o termalismo, o turismo mariñeiro e as actividades náuticas, así como a oferta de lecer e turismo activo vinculada á natureza.
Nava Castro incidiu tamén na súa exposición na singularidade e calidade dos areais galegos así como na oferta de instalacións naútico-deportivas distinguidas pola súa calidade e mais no liderado da comunidade no relativo aos sendeiros azuis.
VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco
A directora de Turismo explicou tamén que Galicia acolle desde mediados deste ano os actos conmemorativos da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, que contribuirá a completar a oferta turítica, cultural, expositiva e congresual do destino Galicia ata mediados de 2015.
Nava Castro convidou tamén a aproveitar a conectividade que actualmente ten a capital francesa con Galicia para participar nestes actos conmemorativos e para coñecer a oferta turística e cultural da terra que é a meta do Camiño de Santiago.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)