PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Área Santiago quere posicionarse como un destino complementario cunha oferta diferenciada

fai 11 anos

Os técnicos dos concellos da Área Santiago mantiveron a primeira reunión técnica despois de que os seus alcades asinaran o 27 de maio o protocolo de colaboración co que naceu formalmente esta entidade. Os municipios suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10 % da poboación de Galicia.

Área do Sarela, en Santiago

Na reunión actualizouse o cronograma de actuacións para o periodo 2013–2014, definido nas reunións previas á constitución formal do grupo en función dos traballos que se están realizando nas tres comisións técnicas creadas a partires da análise dos recursos turísticos que hai: A pesca e o turismo fluvial, Gastronomía e Paquetes. Posteriormente, iranse creando novas comisións para estudar outras temáticas de interese evidente para a Área de Santiago, como a dos Camiños de Santiago ou o aproveitamento das múltiples rutas de sendeirismo que hai na zona.

De cara a este verán prantéxase un dobre obxectivo: por unha banda posicionarse Área Santiago de cara aos turistas de Galicia como un destino complementario e moi próximo, cunha oferta lúdica, familiar, de natureza, patrimonial e gastronómica diferenciada; e, por outra, quere comunicarse aos propios habitantes da Área Santiago a multitude de opcións que hai nos concellos veciños, para fomentar o movemento entre eles.

Mapa de recursos turísticos

Neste sentido, unha das iniciativas que se consideran prioritarias é a elaboración dun mapa de recursos turísticos, que sirva para poder informar sintética e visualmente dos atractivos que se atopan nos diferentes concellos do grupo, que en moitos casos son descoñecidos tanto para os visitantes, como para os propios residentes nos concellos e mesmo para o propio sector turístico.

Xa en 2014 implantarase un proxecto sobre a pesca e o turismo fluvial, tendo en conta que o territorio do grupo está fondamente marcado por dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus afluentes. Nesta liña, os membros da Comisión de Pesca reuníronse cos técnicos da Xunta de Galicia para concretar as posibilidades de actuación.

Tamén se está traballando na actualización de eventos de interese turístico da Área Santiago na axenda da web www.santiagoturismo.com, que no ano 2012 sumou máis de medio millón de visitas e preto de tres millóns de páxinas vistas. Estes eventos de interese turístico estanse actualizando ademais a través da conta en Twitter @santiagoturismo, empregando o hashtag #muycercadeSantiago.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeAsociacion de Amigos del Camino

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeLa Salle