PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Un grupo de mozos con diversidade funcional de Alcobendas están a facer tramos do Camiño

fai 11 anos

Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, proporciona aloxamento gratuíto nun módulo reservado do albergue público de San Lázaro como contribución á peregrinación dun grupo de dez mozos con diversidade funcional do concello de Alcobendas (Madrid).

O grupo pernoctará no albergue compostelán ata o día 7 de xuño. Desde alí, trasladaranse cada día para realizar camiñando as catro pequenas etapas nas que dividen a súa ruta dende Arzúa ao longo do Camiño Francés.
O grupo está composto por 20 persoas, contando co persoal de apoio que os acompaña, que consta de adultos de APAMA (Asociación de Pais e Nais de Alumnos Minusválidos de Alcobendas) e membros de Protección Civil e da Policía Local desta poboación madrileña.


Precisamente, a peregrinación está organizada por esta asociación e polo Concello de Alcobendas como culminación do seu programa conxunto sobre a educación vial e o desenvolvemento axeitado como peóns realizado durante o ano 2013, que correu a cargo da Agrupación de Protección Civil e da Policía Local de Alcobendas.

Durante todo o mes de maio, os participantes exercitáronse e prepararon o material e o plan da viaxe ademais de decatarse do sentido da peregrinación que van a realizar. Este, segundo a presidenta de Apama, Pilar Crespo é "que todas as persoas con diversidade funcional intelectual que vaian a facer o Camiño de Santiago sintan a normalización nas súas vidas, a plena inclusión social e a autodeterminación”.

Pequenas etapas

Durante os catro días os peregrinos realizarán unha pequena etapa diaria dividida en dúas partes. Cada unha das xornadas non será de máis de 10 quilómetros de media, dadas as especiais características dos peregrinos.

O primeiro día é a máis longa con 11 quilómetros dende Arzúa a Salceda. O segundo camiñarán case 9 quilómetros entre Salceda e Pedrouzo. O terceiro serán ao redor de 10 entre Pedrouzo e Lavacolla e, por fin, o último día percorrerán dez quilómetros e medio ata a catedral de Santiago onde teñen previsto asistir á misa do Peregrino despois de recibir as súas compostelas.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeGadis

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeBodeguilla de San Roque