PublicidadeXacobeo
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Comeza en Compostela o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago

fai 11 anos

Compostela acollerá entre hoxe, luns 3 de xuño, e o próximo venres un festival de cine que contará cunha sección oficial a competición con producións cinematográficas nacionais e outra sección de filmes sobre a Ruta Xacobea.

O Festival de Cine y Televisión Camino de Santiago mostrará, entre os días 3 e 7 de xuño, unha ampla mostra dos filmes e as series de televisión españolas realizadas nos últimos tempos. A cita, unha iniciativa presentada hoxe nunha rolda de prensa en Compostela, pretende "promover que estas películas novas e inéditas cheguen aos espectadores, e tamén facilitar ao público o acceso aos seus creadores, en palabras da directora do certame, Nazareth Martín.

O Festival inclúe na súa programación unha sección oficial a concurso na que se proxectarán filmes españois realizados na última tempada. O gañador, escollido por un xurado de personalidades do ámbito cinematográfico, levará un premio de 10.000 euros e un galardón creado especificamente para a cita, a "Estela". Tamén serán galardoados o mellor actor e a mellor actriz e o filme preferido polos espectadores. Ata o momento, trinta filmes aspiran a entrar entre as proxeccións desta sección competitiva.

A vinculación do Festival con Compostela verase reflectida tamén en dúas seccións dedicadas á cidade: por unha parte, proxectaranse, en colaboración coa Santiago de Compostela Film Commission, varios filmes rodados total ou parcialmente na capital galega; por outra, a sección dedicada ao Camiño de Santiago reunirá longametraxes, curtas e documentais relacionados coa Ruta Xacobea.

A programación complétase con cinco días de proxeccións, encontros con directores, exposicións e obradoiros para nenos e maiores.

Ademais de Martín, interviñeron na presentación o director da Santiago de Compostela Film Commission, Dimas González e o escultor Anxo Álvarez, creador das Estelas.

A directora do Festival apuntou que "quizais a idea de organizar un festival así pareza un pouco tola nestes tempos: estamos organizando un festival de iniciativa cen por cento privada nun contexto moi difícil, pero cremos no cine español e consideramos que Santiago pode converterse nun dos centros de atención desta manifestación artística que nos enriquece como persoas e que, ademais, xera centos de postos de traballo.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 9 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeFundacion La Rosaleda

PublicidadeHostal dos Reis Catolicos
PublicidadeRestaurante O Dezaseis