O Camiño Portugués protagoniza o XII Concurso de Patrullas
fai 11 anos
Entre os obxectivos da proba está o de estreitar as relacións no eido militar e civil e percorrer o Camiño de Santiago dando a posibilidade aos participantes de obter a Compostela.
Quince unidades da Brilat acompañadas de patrullas da Xefatura de Tropas de Montaña, da Brigada Paracaidista, do Tercio Norte da Infantería Marina e do Mando de Canarias percorreron entre os días 27 e 28 de maio o Camiño Portugués en Galicia. Trátase dunha acción conmemorativa do XLVII Aniversario da Brilat Galicia VII e este é o XII Concurso de Patrullas que organizan.
Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, colaborou con esta iniciativa facilitando dispoñibilidade das infraestruturas de aloxamento e proporcionando información e apoio loxístico.
Os integrantes do grupo saíron de Tui e foron realizando diferentes actividades nas distintas etapas que ían superando, como tiro de precisión en Pontevedra ou rápel no río Lérez, así como percorridos cronometrados en Caldas de Reis ou pasos do río a nado en Pontecesures. Tras chegar a Santiago celebraron un acto de clausura da marcha e asistiron á Misa do Peregrino.
A finalidade desta actividade, que actúa tamén como acción promocional da Ruta Portuguesa en Galicia, pasa por fomentar o espírito de cohesión e dar a coñecer o nome da Brilat, realizando este concurso no que se pon a proba a habilidade e a resistencia dos participantes, así como o estreitamento das relacións no eido militar e civil. Os concursantes teñen a posibilidade de obter a compostela como acreditación do seu percorrido.
A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado
fai 9 anos
Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)
Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña
fai 10 anos
Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)