PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

O restaurante do Parador de Santiago elixido mellor cociña de mercado da cidade por salir.com

fai 11 anos

O restaurante Dos Reis, do Hostal dos Reis Católicos, recibiu a máxima puntuación entre os da cidade no portal de internet.

A oferta gastronómica do restaurante Dos Reis, situado na praza do Obradorio de Santiago de Compostela, ofrece cada día os mellores produtos locais: mariscos e peixes sacados recentemente do Atlántico, xunto a carnes e queixos da terra. Todos os produtos da súa carta son de primeirísima calidade, sen esquecer unha fornecida bodega de viños das diferentes denominacións de orixe da zona.

Ademais do restaurante Dos Reis, o Parador dispón dun espazo enogastrómico denominado Enxebre, no cal se combinan unha selecta mostra de pratos típicos galegos, presentados nun formato moderno e fresco, cuns prezos asequibles para todos os petos.

Salir.com é unha guía de lecer de Internet na que se reflicten as opcións de lecer das cidades e que, ademais, permite aos usuarios opinar sobre iso dun xeito libre, o que fomenta a comunicación e o contraste de opinións.

Un portal 100 % gratuíto onde descubrir as entrañas de todas as cidades españolas, reservar un restaurante online, comprar entradas para ir a un evento ou beneficiarse de todas as ofertas que se inclúen diariamente.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 9 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadeMuseo das peregrinacions

PublicidadeRestaurante Calderon
PublicidadeRestaurante O Dezaseis