PublicidadeTurgalicia
logo_menu

PROXECTO ACTUALIDADE PLANO

Inaugúrase en Palermo a exposición "Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago"

fai 11 anos

A exposición didáctica Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago, que recolle a historia e os contidos do Códice Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII, etc. poderá verse en Palermo entre os días 24 de maio e 19 de xuño,

A mostra segue así a súa ruta por diferentes cidades europeas despois de facelo por varias de España. A inauguración organizada por Turismo de Galicia a través do Xacobeo en Palermo terá lugar mañá, venres 24 de maio, na sala de exposicións Chiesa Santa Eulalia di Catani, no Instituto Cervantes de Palermo, onde permanecerá ata o 19 de xuño. Na organización deste proxecto expositivo colaboran a Fundación Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego e, nesta ocasión, o Instituto Cervantes de Palermo.   

Algunhas das pezas que se poden ver na mostra son orixinais e outras son edicións facsímile, como unha reprodución do Códice Calixtino do século XII; unha peza orixinal dun capitel xeminado medieval dunha casa compostelá; un facsímile da cruz doada polo rei Afonso III en 874 ­–peza de ouro e pedrería realizada en 2004– ; un libro orixinal cunha escena de peregrinación con gravados do século XVI ou un rosario de acibeche e prata do gremio de Acibecheiros de Santiago do século XIX.

Ademais, poderán verse fotografías ampliadas de miniaturas do Códice; a reconstrución virtual dun altar maior románico da catedral de Santiago segundo unha descrición do Libro V do Calixtino e tamén gozar da música ambiental da exposición que procede das notacións orixinais do Códice Calixtino.

A mostra complétase con textos, fotografías e a posibilidade da visión completa do Códice en edición dixital, así como diversas recreacións audiovisuais. Tamén inclúe importantes exemplos da creatividade artística contemporánea.

Ver todas as novas

A Xunta presenta o Camiño no festival brasileiro de Gramado

fai 10 anos

Trátase dunha feira turística exclusiva para profesionais que se celebra no (+)

Un Foro conmemorará o 25 aniversario da morte de Elías Valiña

fai 10 anos

Vilafranca do Bierzo acollerá en decembro un Foro Internacional sobre o legado (+)

PublicidadePedras de Santiago

PublicidadeHotel Monumento San Francisco
PublicidadeLa Salle